Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O pasado venres 27 de abril, o Consello da Cultura Galega organizou o "V Encontro O Son da Memoria: as coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital", na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país, entre as que se atopa o Proxecto 'Nomes e Voces', co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles.
A posta en común de diferentes proxectos contextualizados nunha nova ciscunstancia espacial e tecnolóxica, serviu para compartir unha sensibilidade común no que respecta á rede, eido idóneo para explorar o moito que se ten feito en Galicia no campo dos arquivos e coleccións documentais, desde a Universidade, o ámbito público e privado.
Ao remate do encontro, emprazouse aos convidados a un segundo encontro das grandes coleccións para repartir esforzos na homoxeneidade do tratamento documental.

O encontro será dun día de duración e nel contarase coa presenza de representantes de arquivos de medios de comunicación, universidades e institucións galegas e mais de grupos de recompilación etno-musical para debater as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible.

O martes 17 de abril, celebrarase no Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE - IUL) o Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history". Participan os membros do Grupo HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz.

Hoxe luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.
A presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo.

Hoxe, venres 13 de abril ás 20.00 horas, o Proxecto 'Nomes e Voces' presentará en A Coruña (no Melia Maria Pita Hotel, Avd. Pedro Barrie De La Maza,1 ) o seu libro "A represión franquista na comarca da Coruña", publicado por Edicións Laiovento. Nun acto no que participarán Emilio Grandío, Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'; Xurxo Pantaleón, Investigador do Proxecto 'Nomes e Voces' e Manuel Monge, ex Presidente da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.