Hoxe luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.
A presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo.
José Pasín Romero , de profesión ebanista e natural de Compostela, no momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, até que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. A súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.
O acto, organizado polo Ateneo de Santiago de Compostela, terá lugar na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) ás 20.00 horas