A preocupación nuclear de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura atópase no fío deste relato: Sabemos pouco do pasado e boa parte do que sabemos é mentira. Temos unha inmensa memoria dun pasado incómodo. Que facer con esa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Revisitar ese pasado é o labor dunha xeración de historiadores e historiadoras desde hai dúas décadas, coincidindo co proceso coñecido como "recuperación da memoria histórica". Mais a narración colectiva dese pasado incómodo de golpe, guerra e dictadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados pola peneira da reconciliación da Transición.
As achegas de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura intentan construír un novo relato sobre novos fundamentos historiográficos.
Todos os autor@s fixeron ou están a facer as súas teses no Departamento de Historia Contemporánea e América da USC, con profesores como R. Villares o X. R. Barreiro. A maioría pertence ao grupo Histagra () e unha parte participou directa ou indirectamente no Proxecto Nomes e Voces entre 2006 e a actualidade.
Lourenzo Fernández Prieto (Ribadeo, 1961), catedrático de Historia Contemporánea. I.P do grupo Histagra. Aurora Artiaga Rego (Mondoñedo, 1960), profesora titular de Historia Contemporánea e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Miguel Cabo Villaverde (Santiago de Compostela, 1970), profesor titular de Historia contemporánea e doutor pola USC. Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979), contratado Marie Curie na USC e doutor en Historia. Francisco J. Leira Castiñeira (Ferrol, 1987), licenciado en Historia, máster en Historia contemporánea pola USC e máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña. Daniel Lanero Táboas (Vigo, 1977), investigador contratado Ramón y Cajal na USC e doutor en Historia Contemporánea. Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, 1976), profesora contratada de Historia Contemporánea e doutora en Historia pola USC. Araceli Freire Cedeira (Arteixo, 1985), doutora en Historia pola USC. Xesús Balboa López (Sarria, 1960), profesor titular de Historia contemporánea e doutor en Historia Contemporánea pola USC. Eduardo Rico Boquete, profesor titular de Historia Contemporánea e doutor en Historia pola USC. Alba Díaz-Geada (Alfoz, 1985), doutora en Historia Contemporánea pola USC. Andrés Domínguez Almasa (Vigo, 1966). profesor no departamento de Didáctica das linguas, a literatura e as ciencias sociais (USC) e doutor en Historia Contemporánea. Borja Santiago Arnoso (Corcubión, 1986), licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ligazóns de interese
Praza Pública entrevista a Lourenzo Fernández Prieto a propósito de Otras miradas...