Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a XIV Semana Galega de Historia que leva por título "Franquismo, Investigación Históriográfica e Memoria Histórica" entre A Coruña (UdC) e Oroso.
Nestas xornadas participan entre outros investigadores e docentes os membros do Proxecto 'Nomes e Voces': Lourenzo Fernández, Julio Prada e Emilio Grandío e Dionísio Pereira.

Especialista no estudo comparado da cuestión nacional, ten sido profesor visitante en varias universidades europeas e colaborador en numerosas revistas especializadas en historia.

A Cátedra Memoria Historia Siglo XX presenta as súas novas actividades, nas que participan membros do equipo Nomes e Voces e HISTAGRA (USC)
No marco do Proxecto I+D I+D, HAR2011-29383-C02-01, coordinado por Feliciano Montero "La Restauración social católica en el primer franquismo 1936-1953", celebrarase na Universidad de Alcalá, os días 25 e 26 de outubre, un Seminario de estudos, aberto a todos os investigadores interesados, sobre "El factor católico en la gestación del Nuevo Régimen, 1936-1942".
Non é preciso matrícula. Basta unha comunicación previa confirmando a asistencia.

O profesor Xosé Manoel Núñez Seixas publicou recentemente o libro "La sombra del César Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución" (Editorial Comares, 2012) no que se analiza á interesante biografía do historiador Santiago Montero Díaz (1911-1985).
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.