Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
http://www.conflicthistory.com leva tres anos operando. Nela poderás percorrer temporalmente un calendario das guerras e conflitos producidos no mundo ao longo da historia.

Lourenzo Fernández Prieto participará no XVIII Congreso Nacional y IX Congreso Iberoamericano de Historia de la Veterinaria coa comunicación 'Notas sobre la represión a la veterinaria gallega durante la guerra civil'.

Eric J. Hobsbawm, un dos máis grandes historiadores do século XX morreu o pasado luns aos 95 anos de idade. Nado o mesmo ano da Revolución rusa, nun país baixo dominio colonial británico, criado en Viena nos anos do ascenso do nazismo, proveniente dá emigración xudía centroeuropea en Inglaterra, onde fixo parte do grupo de historiadores marxistas británicos. Foi, pois, unha testemuña privilexiada e tamén un partícipe destacado dá historia do século XX.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.