Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O xornal Sermos Galiza publica un artigo de Belén Puñal sobre a investigación do Proxecto 'Nomes e Voces' en relación coa investigación da represión franquista en Galicia entre os anos 1936 e 1939.
Nel aborda o posible remate do Proxecto a finais deste ano, e repasa os resultados acadados nos seis anos de desenvolvemento do estudo.
Na reportaxe entrevista ao Investigador Principal, Lourenzo Fernández Prieto e ao resto de investigadores.

O día 22 de agosto de 1936, tres traballadores do camiño de ferro Zamora-Ourense de nacionalidade portuguesa, foron asasinados no lugar de Monte da Ladeira (Castrelo do Val, Ourense). 76 anos despois, o Concello de Castrelo do Val, o Proxecto "Nomes e Voces" e a Asociación Cultural "Os Carrilanos" de Campobecerros, acordaron poñer unha placa no lugar onde descansan os restos dun deles e realizar unha unha homenaxe aos cidadáns represaliados na guerra civil na bisbarra.
O Profesor Xosé Manoel Núñez Seixas ven de publicar o libro "La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución" (Editorial Comares, S.L., 2012).

O investigador Xurxo Pantaleón estivo a pasada semana en Navarra para traballar co equipo do Proxecto de Investigación sobre a represión franquista en Navarra, dirixido polo Profesor de Historia Contemporánea Emilio Majuelo, da Universidad Pública de Navarra.

Hoxe 12 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Paideia na Coruña, preséntase o libro de memorias de Nicolás Sánchez Albornoz "Cárceles y exilios", publicado por Anagrama (2012). Intervirán no acto o Profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', o escritor Suso de Toro e o autor do libro, Nicolás Sánchez-Albornoz. O acto está organizado polo Ateneo Republicano da Coruña.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.