O Profesor Xosé Manoel Núñez Seixas ven de publicar o libro "La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución" (Editorial Comares, S.L., 2012). Santiago Monteiro Díaz (1911-1985) foi un personaxe atípico da escena política española do século XX. Estudante na Universidade de Santiago de Compostela e despois bibliotecario en Madrid e Compostela, foi un fervente nacionalista español, pero próximo aos anhelos autonomistas. Despois abrazou o credo socialista, para militar no comunismo en 1931-32, protagonizando unha disidencia coa dirección do PCE. O seu enfrontamento co nacionalismo galego levouno en pouco tempo ás JONS de Ledesma Ramos, cuxas esencias revolucionarias seguiu pregoando ao rexeitar a fusión con Falanxe Española. En 1936 converteuse nun dos catedráticos máis novos da Universidade española.