O próximo xoves 19 de xuño, ás 12 da maña na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Jesús Izquierdo Martín ofrecerá unha conferencia titulada La presencia de lo ausente en el posfranquismo: pacto denegativo y control institucional de la memoria de la Guerra Civil. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que organiza Histagra.
Jesús Izquierdo Martín é profesor na UAM. Entre os seus traballos, atópanse El rostro de la comunidad (2001), ou La guerra que nos han contado (2006), do que coautor xunto a Pablo Sánchez León. Foi coeditor de El fin de los historiadores (2008), unha obra colectiva que reflexiona sobre o saber histórico e a súa comunicación no século XXI. É codirector de «Contratiempo», un programa de radio de difusión non académica.