A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo, adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) visita hoxe o Proxecto Nomes e Voces para coñecer in situ o traballo que o equipo de investigadores ten realizado sobre a represión da muller en Galicia entre 1936 e 1939.
A Facultade de Humanidades da USC ten concedido un Proxecto AECYD de Accións Integradas titulado Derechos de la Mujer y desarrollo africano: formación interdisciplinar en estudios de género, coordinado polo Profesor Xaquín Rodríguez Campos. Nel participa a Facultade de Humanidades da Universidade de Abdou Moumouni de Niamey, alén da colaboración de da actual Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación da Universidade de A Coruña, a Profesora Natalia Álvarez Lata.
Dentro das accións previstas para tense deseñado un programa un programa de formación específico de dous meses de duración na USC para a bolseira nixerina Zeinabou Hamidou Leyo.
Zeinabou Hamidou Leyo está adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) do Ministerio da Muller do seu país, no marco do programa nacional de formación e preparación dos futuros funcionarios da Administración do estado. Participa na implementación das actividades da sua dirección, principalmente a xestión dos centros de formación femininos, o seguimento das actividades xeneradoras de ingresos e a dotación de ferramentas facilitadoras das tareas domésticas ás mulleres.
A súa tesiña de fin de maestría titúlase "Impacto do nivel educativo da nai sobre o estado nutricional dos nenos" e tamén traballa na problemática "Xénero e Islam".