Conferencia de X. Labrador. «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica»

Conferencia de X. Labrador. «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica»

O próximo xoves, día 12 de xuño, ás 12 h., o grupo Histagra dálle continuidade ao ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» coa internvención do profesor asistente no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University Xermán Labrador que ofrecerá unha conferencia que leva por título «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica».

Xermán Labrador (Vigo, 1980) é Profesor asistente no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University desde 2008. A súa investigación abarca diversos campos: historia literaria e cultural, estudos da memoria, a poesía, os movementos sociais e as culturas urbanas. A área de investigación é a España Moderna e Contemporánea. Foi docente na Universidad de Salamanca e na Universität Hamburg.

Algúns traballos de Xermán Labrador

Reseña de «Unearthing Franco´s Legacy: Mass Graves and the Recovery of Historical Memory in Spaín»

«Poets of the Dead Society. The Cultural History of Francoist Mass Graves in the Pre-Democratic Poetic Archive»

Gardado en Conferencias 3 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez