Hoxe xoves día 10 de novembro, ás 12.00 horas na aula 9 da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar a conferencia a cargo de Brahim Sabbar, activista en prol dos dereitos humanos no Sáhara Occidental e Secretario Xeral da ASVDH (Asociación Saharaui de Víctimas de Violacións dos Dereitos Humanos cometidos polo Estado marroquí).
Este acto está organizado polo Observatorio Galego para o Sáhara Occidental, Departamento de Historia Contemporánea e de América e Comisión Cultural da Facultade de Xeografía e Historia.