O Ateneo de Madrid e a Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalía de Castro convidan a vostede á conmemoración do ANO DA MEMORIA que se celebrará no salón de actos do Ateneo o vindeiro día 13 de decembro ás 21 horas, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Proxectarase o documental Aillados e contaremos coa presenza do seu director, D. Antón Caeiro e Dna Mª Victoria Villaverde Otero. Escritora, represaliada polo franquismo.
Presentacion en Madrid do Proxecto “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” polo seu coordenador xeral D. Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela