O Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ publica na súa Páxina Web: www.nomesevoces.net, un especial dedicado á Xeografía da Represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939.
Así os lugares de morte e de enterramento -fosas en campo aberto, enterramentos de persoas represaliadas en recintos funerarios e fosas comúns-, poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información individual de acordo coa Base de Datos de Vítimas da Represión en Galicia do Proxecto e outras fontes diversas, sen esquecer a representación gráfica.
Este contido especial, elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, desenvólvese no marco do Convenio de Colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España, polo que o Proxecto ‘Nomes e Voces’ comprometeuse a entregar a dito Ministerio toda a información relativa á xeografía da represión no territorio galego delimitada no período 1936-1939.