Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participarán o sábado 12 de maio ás 16.00 horas no acto Homenaxem aos portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Española. Intervendrán nunha mesa de debate xunto a outros profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto, que se celebrará en Monçao, tamén participará Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.
Ás 15.00 horas, xunto á Ponte Internacional de Monçao descubrirase unha placa coa listaxe dos portugueses mortos polo réxime franquista en Galicia. Neste acto participarán José Emilio Moreira, presidente da Cámara Municipal de Monçao, Antonio M. Cunha, Reitor da Universidade do Minho, Fernando Rosas, Profesor do Instituto Historia Contemporanea/Universidade Nova Lisboa e Mario Soares, representando á Fundaçao Mario Soares.
Ás 16.00 horas, na Sala de Conferencias da Casa Museu de Moçao/Universidade do Minho, celebrarase unha sesión coas seguintes catro intervencións: Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira (Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", USC), Paula Godinho (Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa), Norberto Cunha (Universidade do Minho).
O acto rematará coa actuación do grupo "Os Sinos da Sé".
26 de abril de 2012 Cecilio Gordillo dixo:
Felicitaciones. Faltaba algo así en el panorama "memorialista". Aunque en su momento se reconoció la solidaridad del vecindario de la población de Barrancos. Me encantaría tener más información sobre estos actos y similares.