Hoxe, xoves 7 de abril comeza en Conxo, o programa A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo, organizada polo Concello de Santiago, Rede Municipal de Centros Socioculturais, Centro Sociocultural de Conxo e Psiquiátrico de Conxo.
Até o 29 de xullo A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo, contará con diferentes actividades que abranguen mesas redondas, conferencias, proxeccións de documentais e proxeccións de películas de ficcción.
O Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' participará o xoves, día 7 de abril, na mesa redonda: "Os nomes e as voces de Compostela e Conxo", na que intervendrá Andrés Domínguez Almansa, Investigador do Proxecto 'Nomes e Voces' e Luís Pasín, veciño de Conxo.