O relatorio de Lourenzo Fernández Prieto ten por título «Castelao e a memoria do galeguismo republicano». Xunto a el participarán Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega) coa conferencia «“Eu son fillo d-unha Patria descoñecida”. O Libro II de Sempre en Galiza e Castelao nos Estados Unidos» e Miguel Anxo Seixas Seoane (Fundación Castelao) co relatorio «Castelao en e dende Nova Iorque». As sesións estarán moderadas por Álex Alonso, membro do Brooklyn College e Graduate Center da CUNY.
O coloquio enmárcase nas actividades culturais que, desde hai anos, se levan a cabo a través do Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages e o The Graduater Center da City University of New York (CUNY) que dirixe José del Valle.