Os vindeiros días 24 e 25 de xullo terá lugar a celebración do Festigal 2010. Aproveitando este espazo, a Fundación Contra a Impunidade instalará unha carpa de homenaxe ás vítimas da represión en Galicia, iniciativa que contou coa colaboración do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", que ofreceu o seu fondo gráfico para a realización de pancartas, un videomontaxe e cartaces.
Os fondos prestados son os que seguen:
2061 Fondo Pérez Pereira
2182 Fondo Blanco Quirós
2403 Fondo Sierra Cidranes
5040 Fondo Andrés Páramo
2248 Fondo Suárez Bretaña
2226 Fondo Martínez Pérez
5007 Fondo Suárez Ferrín
2076 Fondo Solleiro Mella
Máis información en:
Fundación Galega Contra a Impunidade