O oitavo 'Premio da recuperación da memoria' organizado pola Fundación Alexandre Bóveda recaeu no Proxecto "Nomes e Voces" dirixido por Lourenzo Fernández Prieto entre os anos 2006 e 2013. Os membros do equipo: Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manoel Núñez Seixas, Dionísio Pereira, Emilio Grandío Seoane e Andrés Domínguez Almansa, acudiron o día 17 de agosto, día de Galicia Mártir, ao acto cívico onde lles foi entregado o galardón que Lourenzo Fernández agradeceu como responsable do traballo de investigación que 'Nomes e Voces' ten realizado sobre datos das víctimas represalidas en Galicia.
´Con la excusa de la crisis, se anulan ciertas cosas incómodas´(Faro de Vigo)