Hoxe ás 20.00 horas, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" será presentado na Residencia Universitaria Monte da Condesa, edificio no que desde hai catro anos, o Proxecto desenvolve a súa actividade diaria.
A conferencia será pronunciada polo seu director, o Catedrático en Historia Contemporánea pola USC Lourenzo Fernández Prieto. Xunto a el, tamén estarán presentes os investigadores do equipo de traballo do Proxecto: Andrés Domínguez Almansa, doutor en Historia Contemporánea, Gustavo Hervella García, licenciado en Historia Contemporánea, Chus Martínez, licenciada en Historia da Arte, Xurxo Pantaleón, licenciado en Historia Contemporánea e Antonio Somoza Cayado, licenciado en Humanidades.
Esta presentación é unha iniciativa da Residencia Universitaria Monte da Condesa, dirixida por Francisco Orge Ventín.