O vindeiro día sábado 16 de outubro, ás 14.00 horas, no restaurante Ángel de Santiago de Compostela (www.restaurantelatrinidad.com ), e organizado pola Asociación Galega de Historiadores/as, váiselle facer unha homenaxe a Bernardo Máiz, en recoñecemento polo seu delongado labor a prol da investigación e divulgación da historia contemporánea de Galicia e tamén polo seu compromiso en múltiples iniciativas de interese público, entre elas a recuperación da nosa cultura marítima.
O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" adhírese a esta homenaxe, que consistirá nun xantar de confraternidade aberto a toda a cidadanía e na concesión do 1º Premio "Manuel Murguía", instituído pola devandita Asociación Galega de Historiadores/as.
O acto contará coa actuación musical de Mini e Mero, alén doutras sorpresas.