O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho, investigador Marie Curie de Histagra, presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo. Violencia, memoria e impunidad.
O acto forma parte das actividades do Seminario de Historiografía del Franquismo do Departamento de Historia Contemporánea de la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea e contará coa intervención de Fernando Molina.
A obra
La genealogía genocida del franquismo. Violencia, memoria e impunidad pretende reflexionar, e incentivar a reflexión dos lectores, sobre as causas sobre os desencontros e as diferenzas de postura que sobre a denominada memoria histórica existen en España. Como sinala o propio autor, «a violencia e a memoria de la violencia compréndense como parte dun mesmo fenónemo que ten continuidadeaté o presente». Asemade explícanse as actuacións políticas e xudiciais da España actual respecto do pasado violento e «as implicacións que as iniciativas da xustiza internaciona poden ter no futuro". A obra de Antonio Míguez está a ter unha excelente acollida nos medios e a crítica especializada.
O autor
Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela (2006), coa tese La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936). Premio Extraordinario Fin de Carreira no 2001 e Premio Extraordinario de Doutorado. Investigador contratado polo “Programa Ángeles Alvariño” no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (2008) e ven de realizar unha estadía de investigación no Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science, Londres). Actualmente é investigados neste mesmo departamento a través do programa Marie Curie Fellow, da Unión Europea.