O Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz, co apoio de distintas institución públicas e privadas, están a organizar o Foro 2010. Este evento foi presentado o martes 30 en Santiago de Compostela, ás 11.30 horas na Fundación Caixa Galicia, polo comité organizador: Manoel Dios, Ania Piñeiro e Manoel Santos.
Na rolda de prensa presentouse o programa ao redor da Cultura de Paz, formado por distintas sesións plenarias, ao redor de 150 accións en distintos formatos (desde teatros a ponencias tradicionales) e propostas autoxestionadas, ademais dos ambiciosos congresos: Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos, Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz, FMEducacion e o Coloquio Internacional sobre Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz, organizado polo Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"