Este xoves día 7 de marzo ás 20.30h. presentarase o libro "A represión franquista na comarca da Coruña" (Laiovento, 2013) do Proxecto "Nomes e Voces" en Bergondo (A Coruña).
Participará en representación do Proxecto "Nomes e Voces", o Profesor Emilio Grandio e o Investigador Xurxo Pantaleón, xunto a Manuel Monge e Martha Antuña, da CRMH.
O acto está organizado pola Comisión poal Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en colaboración co Concello de Bergondo e terá lugar no Edificio Sociocultural da Senra en Bergondo.