O venres 6 de maio ás 11.00 horas, na Sala de Prensa do Ministerio de Justicia, tivo lugar o acto de presentación do Mapa de fosas da Guerra Civil instalado na Web da memoria histórica posta en marcha polo Goberno. Neste acto presentouse o funcionamento de dito Mapa e os mecanismos para a súa localización xeográfica, que abrangue todo o territorio español no que se sinalan terreos nos que se teñen localizado restos de persoas desaparecidas violentamente durante a Guerra civil ou a represión política posterior.
O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" asistiu a dito evento, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaria de Justicia en materia de localización dos lugares de morte e enterramentos no caso da xeografía galega. Así, o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, publicará nos próximos meses en internete, distintos mapas nos que se reflectirán a represión franquista en Galicia. Así os lugares da memoria, lugares de morte e lugares de enterramento poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información.
Neste acto, presentouse igualmente, a publicación (formato CD) do Ministerio de Justicia, da recompilación da normativa promulgada en materia de Memoria Histórica.
Novas relacionadas: