O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto Nomes e Voces presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.
O Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia», que ten como obxectivo indagar no estudo da memoria e a política en sociedades contemporáneas desde unha perspectiva interdisciplinar, está promovido polo proxecto «El pasado bajo tierra: Exhumaciones y políticas de la memoria en la España contemporánea en perspectiva transnacional y comparada» do Grupo de investigación Políticas de la memoria, memorias de la violencia e da Asociación Memorias en Red.