Deste xeito, historiografía e estudos literarios, dous ámbitos de coñecemento que se ocupan da Memoria,pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo.
Xa que logo, trátase de analizar ese relato herdado, baseado na idea de reconciliación da Transición pero construído sobre as razóns dos combatentes no conflito, as memorias fragmentadas de vítimas e verdugos, a propaganda do vencedor e a amargura do perdedor. Tamén, de contrastalo e deconstruílo, de confrontalo con outras memorias -subalternas en relación ao relato social dominante-, e co novo caudal de coñecemento histórico e memorialístico, así como cos novos paradigmas que operan nos estudos literarios e culturais. A 80 anos do golpe, a 40 desta nosa democracia de hoxe. Servíndonos da ollada externa e a comparanza, e afrontando a dimensión ética do coñecemento do pasado.
Organización do Congreso
Organización do Congreso: Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández (USC)
Secretario: Gustavo Hervella García
Contacto: histagra@usc.es; + 34 881812734
Comité científico: Paloma Aguilar (UNED), Ramón Villares (USC), Fernando Rosas (U. Nova de Lisboa), Álvaro Garrido (U. de Coímbra), Xosé Manoel Núñez Seixas (USC e U. Ludwig-Maximilian de Múnich), Paul Preston (London School of Economics), Josefina Cuesta (USAL), Carlos Closa (CSIC), Pedro Ruíz-Torres (U. de Valencia), Miguel Cabo (USC), Eduardo Rico (USC), Xesús Balboa (USC), Alejandro Alonso (CUNY), Mª Jesús Baz (USC), Alberto de Bernardi (UNIBO).
Sedes do Congreso:
PROGRAMA
Día 1. Luns, 18 de xullo
Está esgotado o relato sobre a guerra civil?
Facultade de Xeografía e Historia
9:00 Inauguración
9:30 Conferencia plenaria. Ángel Loureiro (Princeton University): Memoria da historia, historia da memoria. A propósito da España do s. XX. Presentado por Lourenzo Fernández Prieto
10:30 Pausa
11:00-14:00 Mesa redonda
Moderador: Antonio Miguez Macho
Relatores: Ángeles Egido León (UNED), Ulrich Winter (Philipps-Universität Marburg), Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)
Retrucantes: Jesús Izquierdo Martín (Universidad Autónoma de Madrid), Xermán Labrador (Princeton University), Daniel Lanero Táboas (Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Pla Barbero (Universitat de Girona)
Debate aberto até o fin da sesión
16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación I
Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Manuel Ortiz-Heras
Relator: Xesús Balboa
Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: Raquel Macciuci
Relatora: Elina Liikanen
Teatro Principal
19:00 Conferencia. Carlos Castresana (Xurista e fiscal): Memoria, historia e xustiza transicional. Presentado por Ramón Villares Paz
Día 2, martes 19 de xullo
Un novo coñecemento para outro relato
Facultade de Xeografía e Historia
9:30 Conferencia plenaria. Antonio Cazorla (Trent University): O relato e o seu formato: o papel da Historia Pública. Presentado por Antonio Miguez Macho
10:30 Pausa
11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Dolores Vilavedra Fernández
Relatores: Carlos Gil Andrés (Instituto de Educación Secundaria Inventor Cosme García de Logroño), Elina Liikanen (University of Helsinki), Antonio Miguez (Universidade de Santiago de Compostela)
Retrucantes: Ana Cabana Iglesia (Universidade de Santiago de Compostela), Emilio Grandio Seoane(Universidade de Santiago de Compostela), Aurora Artiaga Rego (Universidade de Santiago de Compostela), Óscar Rodríguez Barreira (Universidad de Almería)
Debate aberto até a fin da sesión
Fundación Granell
17:00 Mesa Café literario con Manolo Rivas e Suso de Toro. Presentado por Dolores Vilavedra
Teatro Principal
19:00 Conferencia. Elizabeth Jelin (CONICET, Arxentina): Os tempos das memorias. Recordos, silencios e olvidos en perspectiva comparada. Presentación: Francisco Caamaño.
Día 3, mercores 20 de xullo
A dimensión ética dos novos relatos sobre o pasado incómodo
Facultade de Xeografía e Historia
9:30 Conferencia plenaria: Reyes Mate (CSIC): Memoria e relato: obriga a mirada moral ao pasado a un novo relato?. Presentado por Dolores Vilavedra Fernández
10:30 Pausa
11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Lourenzo Fernández Prieto
Relatores: Manuel Cruz (Universitat de Barcelona), Miguel Anxo Murado, Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela)
Retrucantes: Mari Jose Olaziregi (Universidad del País Vasco/Instituto Vasco Etxepare), Xabier Etxeberría Mauleón (Universidad de Deusto), Julio Prada Rodríguez (Universidade de Vigo), Carlos Teijo García (Universidade de Santiago de Compostela)
Debate aberto até o fin da sesión
16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación II
Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Julián Chaves
Relator: Miguel Cabo
Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: António Gil
Relatora: Sergio Riesco
Teatro Principal
19:00 Conferencia. Ben Kiernan (Yale University): Unha historia global do xenocidio desde a antigüidade até os nosos días. Presentado por Álvaro García
Clausura