A Fundació Cipriano García de CCOO de Catalunya e o Centre d’Estudis sobre les Èpoques Franquista i Democràtica de la UAB (CEFID), co apoio da Red de Archivos de CCOO, organizan o VIII Encuentro Internacional de Investigadores del Franquismo, que se celebrará en Barcelona os días 21 e 22 de novembro de 2013, un ano despois de cumprirse o vinte aniversario do primeiro Encontro, celebrado en Barcelona en 1992.