O Catedrático de Historia Contemporánea da USC e coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Xosé Manoel Núñez Seixas, ven de participar no programa televisivo Para Todos, de RTVE2, no debate acerca da invasión da URSS por parte dos nazis. O coloquio contou ademais con José María Faraldo, Historiador e Escritor e Ricardo Artola, Historiador e Editor.
En xuño de 1941, o Tercer Reich alemán pon en marcha a maior operación militar terrestre da historia, coñecida como 'Operación Barbarroja': catro millóns de homes, 4.400 tanques e 4.000 avións lánzanse á invasión da Unión Soviética. O que debería ser unha guerra lóstrego e unha vitoria máis dos exércitos alemáns, convértense nun longo e cruento episodio bélico, que resultará decisivo para o desenlace final da Segunda Guerra Mundial.