O día 1 de abril ás 12.30 horas, o Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Xosé Manoel Núñez Seixas, impartirá a palestra: "Protectors or Bystanders. The Spanish Blue Division at the Eastern Front and the Jews, 1941-45" na Faculty of Liberal Arts&Professional Studies, da York University.
A xornada está organizada polo Department of History, Centre for Jewish Studies, The Canadian Centre for German and European Studies e a Faculty of Liberal Arts&Professional Studies.
Esta actividade desenvolvese no marco da estadía do profesor Núñez Seixas en EEUU até o mes de maio, tempo no que participará en diferentes programas e actividades en distintas cidades norteamericanas, como é o caso do ciclo de cinema "De tierras y miradas" organizado en Nova York por NYU/CUNY, dentro do cal o día 7 de abril presentarase o documental "La tempestad del 36", cuxo guión foi realizado por Núñez seixas e Manuel Rivas, coa participación de Dionisio Pereira e Julio Prada.