Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
O xoves día 20 de novembro, dous membros do equipo de investigación do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, presentará o proxecto en Cangas do Morrazo.
A participación do Proxecto consistirá nunha conferencia ás 20.00 h no Salón de Plenos do Concello de Cangas, na que intervirá Gustavo Hervella García e Andrés Domínguez Almansa, investigadores do Proxecto.
O encontro está organizado pola Asociación da Memoria Histórica 28 de Agosto en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte e o Concello de Cangas.
A Oliveira de Teo convoca un novo acto de recuperación de memoria para o vindeiro venres, día 21 de novembro, ás 20.30 h, na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras.
Trátase da proxección da longametraxe documental “O Novo Emden”, no que se conta a derrota do barco do mesmo nome, que saíu ao mar, con 18 homes a bordo, no mes de agosto de 1937, do porto do Grove. O documental de Saga TV, está coproducido pola Televisión de Galicia e foi estreado no Grove en setembro do ano pasado. Unha semana despois, e máis adiante en diversas ocasións, foi emitido pola propia TVG.
En xuño deste ano, estreouse en Concarneau (Bretaña), e foi seleccionado no festival Memoriaimage que se celebra este mes en Reus (Cataluña) (www.memorimagefestival.org ) .
No acto da Oliveira en Cacheiras contaremos coa presenza do director, Marcos Gallego, que fará unha breve introdución ao seu filme.
A Oliveira convoca este novo acto coa mesma intención que se explica na páxina web do filme( www.novoemden.com ), no apartado de motivacións do director, onde se di:
“A intención última do documental “O NOVO EMDEN” é aportar unha nova ollada á nosa historia recente, a Historia de Galiza durante a II República e a Guerra Civil que ate agora foi construída de xeito incompleto, posto que nela omitiuse deliberadamente a visión dun sector da sociedade. Era pois unha historia construída por unha soa voz, a dos vencedores, e polo tanto necesariamente sesgada e interesada”.
O xoves día 20 de novembro, dous membros do equipo de investigación do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, presentará o seu estudo en Cangas do Morrazo.
A articipación do Proxecto consistirá nunha conferencia ás 20.00 h no Salón de Plenos do Concello de Cangas, na que intervirá Gustavo Hervella García e Andrés Domínguez Almansa, investigadores do Proxecto.
O encontro está organizado pola Asociación da Memoria Histórica 28 de Agosto en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte e o Concello de Cangas.
Continuando coas actividades organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos e Asociación Cultural Obradoiro da Historia de Ordes, para celebrar o centenario do nacemento do guerrilleiro Benigno Andrade García, “Foucellas”, os días 18, 19 e 20 de novembro, terá lugar un ciclo de cinema sobre a guerrilla antifranquista galega.
Realizarase no edificio do Arquivo (sala azul)de Betanzos, ás 20 h coa seguinte programación:
Martes 18:
"A Guerra dos avós" (2007)
Charla coloquio coa participación do seu director, Óscar Galansky.
Mércores 19:
"Bandoleiros ou guerrilleiros" (2006)
Charla coloquio coa participación do seu director, José Sanmartín
Xoves 20:
"A Cidade da selva" (2006)
Para mais informacion consultar:
www.axenciaaudiovisualgalega.org
A Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño, organiza as III Xornadas sobre a represión antifranquistas do Baixo Miño: “Memoria e Nación". As xornadas, apoiadas pola Consellaría de Cultura. Dirección Xeral de Difusión e Creación Cultural conta coa colaboración dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui, que acolleran diferentes actos.
O programa de actividades é o que segue:
Martes 25 de novembro:
Mesa redonda, “A represión no ferrocarril”. Presentación de Bieito Alonso. Participan: Xosé Ramón Paz Antón, Moncho Iglesias e Dionisio Pereira. Centro Cultural (O Porriño).
20,30 h
Mércores 26 de novembro:
Conferencia de Natalia Jorge, “Isaura: unha vida solidaria”. Presentación de Mario Rodríguez. Centro Cultural de Figueiró. 20,30 h
Xoves 27 de novembro:
Presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” (Eds. Alén Miño). Presenta Ramón Fernández Leal. Participan: X. Ramón Paz Antón, Carlos Méixome e Guillermo Rodríguez (editor). Área Panorámica (Tui). 20,30 h
Xoves 27 de novembro:
Conferencia de Xosé Manuel Malheiro, “Alonso Ríos: unha escola para o País”. Presentación de Marta Dacosta. Hotel Nueva Colina (Tomiño), 20,30 h
Venres 28 de novembro:
Conferencia de Bieito Alonso, “A memoria do agrarismo”. Presentación de Xosé Manuel Suárez. Casa do Concello (Salceda de Caselas). 20,30 h
Venres 28 de novembro:
Conferencia de Rafael Martínez Calzado, “Un alcalde agrarista, Daniel Calzado”. Presentación de Xosé Manuel Méndez. Centro Cultural de Cristelos. 20,30 horas.
Domingo 30 de novembro:
Estrea do documental “Afranio” (Alén Filmes) dirixido por Víctor Coyote. Con posterioridade á proxección haberá un coloquio no que participarán Víctor Coyote e o actor Luís Tosar. Modera, Xosé Manuel Méndez. Auditorio de Goián. 19,30 horas. Clausura das Xornadas a cargo de Rafael Martínez Calzado, secretario da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño.