Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Todos os interesados poden visitala no Multiusos de Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello de Oroso; permanecerá aberta ao público do 16 ao 30 xaneiro 2008, de luns a sábado, entre as 17:00 a 21:00 h..
Esta iniciativa inclúe un interesante Programa de Actos:
• Mércores, 16 de xaneiro. A partir das 20:00 h.
- Inauguración da Praza Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello.
- Inauguración da Exposición da Memoria Histórica cunha conferencia de XESÚS ALONSO MONTERO e testemuña oral de ISAAC DÍAZ PARDO.
• Mércores, 23 de xaneiro. A partir das 20:30 h.
- Conferencia de UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL.
- Testemuña Oral de AVELINO POUSA ANTELO.
- Conferencia de BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ.
• Mércores, 30 de xaneiro. A partir das 20:30 h.
- Conferencia de MANUEL PAZOS GÓMEZ.
- Conferencia de XOSÉ LUIS RIVAS “MINI”.
- Clausura da Exposición coa actuación musical de MINI e MERO.
Esta colección realizada polo autor Antón Caeiro, compila unha serie de documentos gráficos e audiovisuais, coa fin de recordar a historia da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela). Entre 1936 e 1943, a illa foi utilizada polas autoridades franquistas como colonia penitenciaria e campo de concentración, e por ela pasaron máis de 6000 presos de todo o estado español.
A exposición comezou a súa andadura na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, e dende entón percorreu boa parte do noso País.
A iniciativa está promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.
Nesta xornada, organizada coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, presentarase ao público o nº 30 da publicación e o libro ´Voces na Historia´ , que recolle as actas da V Semana da Historia de Noia, organizadas, en colaboración co Concello de Noia, na pasada primavera. Participarán neste acto Xerardo Agrafoxo, historiador e socio de Barbantia, o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero e a concelleira de cultura, Loli Caramés.
A Comisión pola Memoria Sinhor Afranio e a asociación socio-cultural Adellís , co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte, convídanvos a participardes da presentación literaria que se celebra o xoves 3 de xaneiro ás 9 da noite, na Biblioteca Municipal Castelao da Casa da Cultura de Silleda.
Presentaranse dous libros arredor da figura do silledense Antón Alonso Ríos e haberá unha táboa redonda na que participarán: Xosé Manuel Malheiro, Xulio Carballo e Matías Rodríguez da Torre.
A primeira publicación, de Xosé Manuel Malheiro, As escolas de emigrantes e o pensamento pedagóxico, é a tese de doutoramento deste silledense, profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Nela utilízase como exemplo deste pensamento renovador na construción das escolas e na didáctica, na personalidade do mestre silledense, na altura da República profesor na Escola "Aurora del Porvenir" en Tomiño, Antón Alonso Ríos. O libro está editado por Edicións do Castro.
A segunda publicación, de varios autores, son As Actas da Homenaxe no XXVº aniversario no cabodano de Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela, editadas pola Consellaría de Cultura e Deporte. Estas actas recollen as intervencións levadas a cabo nas Xornadas de Homenaxe a estes dous trasdezaos que se coorganizaran, entre Adellís e a devandita Consellaría de Cultura, entre outubro e novembro de 2005 na Casa da Cultura de Silleda.
As actas compilan as conferencias celebradas á volta do Deputado e agrarista de Cortegada, Alonso Ríos e o escritor bandeirense, Ramón de Valenzuela, ambos os dous exiliados en Buenos Aires após Guerra Civil. Recóllese tamén nelas as represións no Concello de Silleda e as comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes. Finalmente transmiten de forma literal a sentida homenaxe tributada en Silleda o 5 de novembro de 2005, con amigos de ambos os dous persoeiros e a presenza de Mariví Villaverde, viúva de Ramón Valenzuela Otero.
A asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Sinhor Afranio, co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte, convídanvos a participardes da presentación literaria que se celebra o xoves 3 de xaneiro ás 9 da noite, na Biblioteca Municipal Castelao da Casa da Cultura de Silleda.