Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho, investigador Marie Curie de Histagra, presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo.

A Casa Museo Casares Quiroga e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro: WINNIPEG de Hixinio Puentes. O acto, contará coa participación de Emilio Grandío, Manuel Bragado e o autor.
A novela rescata a peripecia vital dos irmáns Pita Armada, refuxiados na guerra civil, embarcados no buque que fletó en Francia o poeta Pablo Neruda para chegar a América.
Terá lugar o xoves, 25 de abril, ás 20:00 h. na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña.

Este xoves día 7 de marzo ás 20.30h. presentarase o libro "A represión franquista na comarca da Coruña" (Laiovento, 2013) do Proxecto "Nomes e Voces" en Bergondo (A Coruña).
Participará en representación do Proxecto "Nomes e Voces", o Profesor Emilio Grandio e o Investigador Xurxo Pantaleón, xunto a Manuel Monge e Martha Antuña, da CRMH.

O vindeiro venres 22 de febreiro ás 20.00h., no Museo Casares Quirora na Coruña, presentarase o libro Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013).
O acto, organizado polo Ateneo Republicano de Galicia coa colaboración da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña, O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e o grupo HISTAGRA, será presentado por Jesús Mosquera, Presidente da Fundación Luis Tilve, e contará coa participación do Profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto e Jorge Marco, colaborador do Profesor Aróstegui na Cátedra Memoria Histórica do século XX na UCM.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.