Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Deste xeito, historiografía e estudos literarios, dous ámbitos de coñecemento que se ocupan da Memoria,pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo.
Xa que logo, trátase de analizar ese relato herdado, baseado na idea de reconciliación da Transición pero construído sobre as razóns dos combatentes no conflito, as memorias fragmentadas de vítimas e verdugos, a propaganda do vencedor e a amargura do perdedor. Tamén, de contrastalo e deconstruílo, de confrontalo con outras memorias -subalternas en relación ao relato social dominante-, e co novo caudal de coñecemento histórico e memorialístico, así como cos novos paradigmas que operan nos estudos literarios e culturais. A 80 anos do golpe, a 40 desta nosa democracia de hoxe. Servíndonos da ollada externa e a comparanza, e afrontando a dimensión ética do coñecemento do pasado.

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" que dispensou o profesor do The Graduate Center da City University of New York, Alejandro Alonso, dentro do Ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", organizada por Histagra o 18 de decembro de 2014 na Facultade de Xeografía e Historia.

Xa se pode escoitar (e/ou descargar)a conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina (Stanford University, USA). incluída no ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", que organizou Histagra o martes 25 de novembro de 2014.


Pablo de Greiff fixo a presentación pública do seu Informe sobre a promoción da verdad, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición diante da ONU o pasado día 10 de setembro.
O informe reune case unha vintena de recomendacións dirixidas a gobernos e entidades da sociedade civil para dar apoio ás políticas da memoria e crear novas garantías para a preservación dos dereitos humanos.
A intervención de Pablo de Greiff pode seguirse na canle televisiva das Nacións Unidas. Visionar a exposición.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.