Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

A solidariedade do sindicato de electricistas noruegués Elogit, achegou os fondos necesarios para exhumar o cadaver do guerrilleiro galego Perfecto de Dios, abatido pola Garda Civil e enterrado nunha fosa en Chaherrero (Ávila). Unha vella arela de seu irmán, Camilo de Dios, membro coma el da II Agrupación da guerrilla galega que operaba nas terras da Limia. Coas imaxes do fondo fotográfico que entregou ao arquivo de Nomes e Voces compuxemos un Álbum da memoria de Camilo de Dios.

O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho, investigador Marie Curie de Histagra, presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo.

O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto «Nomes e Voces» presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.

O sábado 30 de abril, celebrarase en Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte en 1937. O acto está órganizado polo Concello de Toques e a colaboración do Proxecto Nomes e Voces e a familia de Delfino Liñeira Fraga.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.